lunes, 4 de noviembre de 2013

Que pretendemos...

Nesta parte do plan proxecta 2013-2014 botaremos man da reciclaxe para intentar coidar un pouco máis a paisaxe da contorna. A recollida selectiva de lixo, a reciclaxe de pilas, tapóns ou cartuchos de impresora, a transformación de aceite usado de cociña en biodiesel o a fabricación de compost serán algunhas da temáticas que nos terán ocupados durante todo este curso ao conxunto da nosa comunidade escolar

¿Qué é o proxecto ríos?

O proxecto ríos pretende estudiar o rio Xuvia ó seu paso por San Sadurniño dende un punto de vista interdisciplinar. Os profesores participantes pretendemos achegar ó alumnado o coñecemento do ecosistema fluvial e o seu patrimonio etnográfico e cultural e tamén todo aquilo ó que os rios aportaron á nosa sociedade dende hai séculos. Trataremos pois de "aprender facendo" sobre este importante recurso.
Para traballar ímos facelo no contexto do proxecto ríos que ADEGA vouto a andar hai anos, podedes velo no seguinte enlace http://www.proxectorios.org/.
A nosa iniciativa enmárcase ademáis no Plan Proxecta da Consellería de Educación, en colaboura neste caso coa Consellería de Medio Ambiente e a organización ecoloxísta ADEGA.

METEOSANSA

METEOSANSA é un proxecto do centro para o estudo da meteoroloxía a partir dos datos recollidos polas estacións automática e manual do centro.

Pertence ao proxecto Meteoescolas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no Plan Proxecta.